As tarxetas revolving permiten aprazar as compras que se realicen e facer uso do crédito dispoñible devolvéndose as cantidades de xeito aprazado. Ao levarase a cabo a devolución das cantidades de xeito aprazado, a través dunha cota fixa ou variable, xéranse uns intereses os cales son excesivamente elevados e que os converten en moitas ocasións en usureiros. Ao deber facer fronte a uns intereses tan altos, os usuarios das tarxetas revolving atópanse atrapados nunha espiral de débedas ás que non se logra facer fronte co abono da cota acordada, xa que a débeda non para de aumentar.
As tarxetas revolving de uso máis común en España son: Tarxeta Wizink, Barclaycard, Carrefour Pass, Ikea, Bankintercard, Citibank, BBVA a tu ritmo, Caixabank Oro e Caixabank Go, BBVA Después, El Corte Inglés, Santander Consumer Finance, EVO Finance, Vodafone, Visa Eroski Red e Cofidis, entre outras.
Moitos consumidores víronse abocados a acudir aos Tribunais ante os intereses usureiros que estaban a pagar, existindo resolucións diferentes dependendo do Xulgado que se encargara de resolver cada reclamación. O pasado 4 de marzo de 2020 o Tribunal Supremo ditou xurisprudencia na materia, xurisprudencia á que deben adaptarse as resolucións do resto de Xulgados que se diten a partir de agora. A sentenza do Tribunal Supremo desestima o recurso interposto por Wizink Bank contra unha sentenza que declara a nulidade do contrato de crédito revolving mediante uso de tarxeta por considear usureiro o interese remuneratorio fixado inicialmente no 26,82% TAE e que se situaba no 27,24% á data de presentación da demanda. O Tribunal Supremo entende que se debe declararse a nulidade do contrato ao estarse aplicando uns intereses superiores ao tipo medio aplicado ás operacións de crédito mediante tarxetas de crédito e revolving publicado nas estatísticas oficias do Banco de España.
Se eres titular dunha tarxeta revolving e pensas que podes estar afectado ao facer fronte a uns interses excesivamente elevados, ponte en contacto connosco para obter un asesoramente personalizado.