O reagrupamento familiar é un trámite esencial para reunificar ás familias, mellorando así a súa calidade de vida. Realízase a través dun proceso legal, o que permite que os residentes estranxeiros en España poidan traer consigo aos seus familiares próximos para que vivan con eles. Pero este proceso pode ser complexo, xa que require o cumprimento de certos requisitos legais.
En Castro² Avogadas, grazas ás nosas avogadas de estranxeiría en Noia e Ribeira, asistirémosche na recompilación da documentación necesaria, a presentación da solicitude e o seguimento do proceso, logrando así unha resolución exitosa. Contamos coa experiencia e o coñecemento necesarios para que podamos xestionar os casos de reagrupamento familiar para que superes calquera obstáculo que poida xurdir durante o trámite sen problema algún.
Confiar en Castro² Avogadas significa contar cun apoio sólido para que poidas reunirche coa túa familia en España. Non dubides en consultar cunha das nosas especialistas en reagrupamento familiar en Noia ou Ribeira para empezar a navegar por este proceso cara a bo porto.