En Castro² Avogadas somos especialistas en diferentes áreas do dereito, por iso ofrecemos un amplo servizo de asesoramento preventivo, xestión e defensa no dereito penal, laboral, civil e administrativo. Contamos tamén cun servizo de mediación oficial, levado a cabo por expertas rexistradas no Colexio de Avogados da Coruña. Queremos asegurar aos nosos clientes un compromiso de seriedade e profesionalidade: se acodes ás nosas oficinas en Noia e Ribeira, saberás que obteremos para ti resultados eficaces, e estarás informado do avance do proceso en todo momento.