Co comezo do ano novo entrou en vigor a última medida fiscal aprobada pola Xunta de Galicia e relativa ao imposto de sucesións. Trátase dun imposto cedido á nosa Comunidade Autónoma, e sobre o que existe a posibilidade de establecer límites relativos ás cantidades que se deben tributar. Ata o ano 2019, as sucesións hereditarias a través das cales se adquirían bens por importe inferior a 400.000 € gozaban dunha exención. Por este motivo, non se estaba obrigado a pagar impostos no caso de que heredaran bens que non se superaba dita cantidade. A partir do 1 de xaneiro de 2020 esta cantidade foi aumentada ata o 1.000.000 de euros.
Esta reforma fiscal é de aplicación a todas as sucesións hereditarias que teñan lugar en Galicia. Así mesmo, poderán acollerse á mesma tanto os ascendentes (pais, nais, avós e avoas), así como aqueles da liña sucesoria descendente (fillos, fillas, netos e netas). Esta aumento do mínimo exento tamén se pode aplicar naqueles casos nos que se decide adiantar a herdanza en vida. Polo tanto, os pactos de mellora e apartcións que se realicen a partir do 1 de xaneiro do 2020 e cuxo valor dos bens non supere o 1.000.000, tamén se poderán beneficiar desta exención. Por último indicar que o importe de 1.000.000 de euros contabilízase por cada persoa herdeira. A modo de exemplo, se o valor dos bens deixados en herdanza acada o 1.500.000 euros, e hai dous herdeiros a partes iguais (750.000 euros para cada un), ambos poderán beneficiarse da exención fiscal, xa que ningún deles adquire máis de 1.000.000 €.
No noso depacho poderedes ampliar esta información, así como solicitar asesoremento en temas de herdanzas.
Agardámosvos!