A Sala Terceira do Tribunal Supremo (Sección 5ª) crea xurisprudencia en relación á solicitude de arraigo social fundamentada en vínculos familiares, ao entender que se pode acreditar a suficiencia de medio económicos, cando se solicita a exención de contrato de traballo, sen ter que cumprir os requisitos do artigo 54 da Lei de Estranxeiría. Ata o de agora era necesario cumprir uns determinados parámetros económicos ao aplicarse de xeito supletorio dito artigo. Con esta nova sentenza faise unha interpretación menos restritiva do requisito da suficiencia económica, debendo valorarse as circunstancias concretas de cada caso.
A sentencia que se achega concédelle a residencia temporal á muller dun residente en España que non cumpría os parámetros de ingresos recollidos no artigo 54 da Lei de Estranxeiría, xa que o matrimonio logrou acreditar que o marido tiña un traballo, uns ingresos fixos como temporeiro e que se atopaba plenamente integrado na sociedade a través do correspondente informe social.
Se queres ler a Sentenza da que falamos, aquí che deixamos o enlace:
http://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/3a5e1cfb451791a9/20190626