Castro² Avogadas, a unión fai a forza

Castro² Avogadas, a unión fai a forza

Castro² Avogadas nace coa idea de ofrecer un servizo colectivo co que realizar o asesoramento e defensa completa en distintas áreas do dereito, dunha forma profesional e completa da man das avogadas Eva Castro Blanco e Tania Castro Núñez. As nosas licenciadas en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela contan, ademais, cunha extensa experiencia no exercicio profesional.

O proxecto común no que se fundamenta Castro² Avogadas, permite unha asistencia de alta calidade e un resultado meditado en profundidade que se realiza cun traballo en equipo. Así, os nosos despachos caracterízanse por ofrecer un servizo actualizado, dinámico e consciente da evolución da sociedade e das súas necesidades. Ademais dunha atención presencial coas nosas avogadas en Noia e Ribeira, tamén dispoñemos da posibilidade de realizar consultas en liña a través do noso contacto.

En Castro² Avogadas prestamos un asesoramento integral a particulares e a empresas, tanto a nivel xudicial como extraxudicial, así como a xestión e tramitación de todo tipo de procedementos. Ademais, pretendemos apartar estereotipos e clichés clásicos asentados na nosa profesión: a confianza, a igualdade, a empatía e a información son os referentes do noso traballo diario

Coñece os nosos servizos de dereito en Noia e Ribeira

Dereito laboral

  • ERTES
  • Despedimentos
  • Sancións
  • Contratos
  • Reclamación de cantidades
  • Reducións de xornada
  • Prestacións e axudas
  • Pensións
  • Incapacidades
  • Inspeccións
  • Modificacións substanciais

Dereito civil

  • Divorcios, separacións, pensións alimenticias, modificacións...
  • Sucesións e doazóns, liquidacións de impostos, particións...
  • Servidumes, usucapións, deslindes, accións reivindicatorias...
  • Desafiuzamentos
  • Comunidades de propietarios
  • Reclamacións de cantidade, por danos ou defectos construtivos

Dereito administrativo

  • Trámites ante organismos públicos (Concellos, Xunta, Catastro...)
  • Procedementos en materia de pesca
  • Urbanismo e medio ambiente
  • Procedementos sancionadores
  • Responsabilidade patrimonial de Administración
  • Procedementos contencioso-administrativos

Dereito de estranxeiría

  • Reagrupación familiar
  • Visados e permisos de residencia e traballo
  • Expedientes de expulsión e sancionadores

Dereito penal

  • Denuncias e querelas
  • Delitos leves
  • Delitos contra a seguridade viaria (alcoholemias, accidentes de tráfico...)
  • Violencia de xénero
  • Procedementos penais (delitos de danos, lesións, ameazas, estafas...)

Aires de cambio no mundo da avogacía

O obxectivo principal de Castro² Avogadas céntrase en establecer a confianza nos nosos clientes mediante un traballo serio e profesional, onde a eficacia das nosas actuacións e a información preséntanse como os nosos piares fundamentais. Por iso, ademais dos nosos servizos de avogacía, tamén realizamos o labor de asesoría preventiva. Buscamos prever posibles conflitos a través de actuacións e recomendacións previas, para que o cliente coñeza as consecuencias ou beneficios que poden supoñer as súas decisións e reducir ao máximo riscos e custos. Ademais, no noso despacho apostamos pola solución consensuada e a negociación, xa que adoita ser o roteiro máis beneficioso para as partes.

A través do compromiso, a honestidade e unha atención de primeira calidade, en Castro² Avogadas os nosos clientes reciben información e actualizacións sobre o avance dos asuntos que nos confían, sendo a confianza un dos nosos principais valores e a defensa dos seus intereses o noso obxectivo.

Cambio no mundo da avogacía
Abogada laboral en Noia

Contacta co noso equipo de avogadas en Noia e Ribeira

Cun servizo legal completo e de calidade, en Castro² Avogadas recibirás un asesoramento experto en todas as nosas especialidades. Trae o teu caso ao noso despacho e estudaremos contigo como podemos levar a solución a bo porto. Non dubides en contactar connosco para obter máis información acerca de como podemos axudarche.

Contacto

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Sen embargo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflexan necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsábeis das mesmas.